Os acantilados de Morás, por primeira vez en Km0
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_2792_1.jpg)
Os acantilados de Morás, un dos lugares máis espectaculares da Mariña, serán visitados por primeira vez dentro programa de visitas institucionais e mediombientais Km0 que promove a Deputación. Ademais, esta semana tamén inclúe visitas ó Lugo Romano e ó Courel. A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación de Mulleres Rurais de Begonte que elexiu o Lugo romano. A ruta incluíu unha vista ó Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial, e á Fervenza. A continuación percorreron a Muralla e coñeceron as Termas Romanas. Mañá, serán alumnos e profesores do Colexio María Auxiliadora de Lugo os que participarán en Km0. Neste caso, percorrerán as instalacións do conxunto etnográfico de Santa Comba e desprazaranse á Montaña para visitar os Castros de Vilar do Courel e da Torre e a aldea de Seceda. Por último, o xoves un grupo formado por 36 solicitantes individuais, poderán comprobar cómo se elabora a oleiría de Bonxe, e percorreran as praias de Are, Muiñelo e Portonovo, no Concello de Xove. Desde Vilachá farán unha ruta ata a Punta Roncadoira, visitarán os portos de Portocelo e de Morás, e camiñarán ata os acantilados do Morás, onde hai numerosas figuras na rocha esculpidas polo vento e o mar, entre as que destaca a denominada A dona do mar.