O Plan Estratéxio inicia unha segunda fase coa reunión das mesas sectoriais
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3635_1.jpg)
A demografía e o mercado de traballo serán analizados na primeira das 21 mesas que se celebra hoxe O Plan Estratéxico da provincia, que está a elaborar a Deputación en colaboración con Caixa Galicia, entra este martes nunha segunda fase coa reunión das mesas sectoriais. En total serán 21 mesas nas que, durante os meses de maio o xuño, os representantes socioeconómicos analizarán a diagnóse pormenorizada da provincia que se elaborou durante a primeira fase o Plan, e farán as súas propostas. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que esta é a primeira vez que en Lugo se prepara un Plan Estratéxico que vai afrontar a provincia dun xeito global, e isto non é algo menor. Este ano imos dispoñer dun documento que é moi importante porque recollerá a realidade desta provincia e os seus retos de cara o futuro, que debemos asumir de forma conxunta. Está previsto que o documento estea rematado no mes de agosto. Demografía e Mercado de Traballo Gómez Besteiro estivo acompañado polo Director do Centro de Investigación de Estudos Finacieiros de Caixa Galicia, Alberto Ameixide, e o director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Melchor Fernández, que foi o encargado de redactar o informe sobre demografía e mercado de traballo, os dous asuntos que abordará a primeira mesa sectorial que se celebra hoxe na sede do INLUDES. O director do Centro de Estudos Financieiros de Caixa Galicia dixo que será un documento moi participativo no que se recollerá a opinión de todos os axentes socioeconómicos da provincia. O documento definitivo recollerá un amplo abano de propostas que serán moi concretas e que terán presentes os Fondos Europeos, co obxectivo de aproveitar o último tren que ten Galicia para captar importantes investimentos da Unión Europea. Pola súa banda, o director do IDEGA, Melchor Fernánde, afirmou que a diagnóse que se estudará hoxe recolle a evolución demográfica da provincia, a incidencia das migracións e a distribución xeográfica da poboación, na que hai fortes asimietrías, Ademais, apuntou que unha das aportacións ó Plan é que xa fixemos proxeccións demográficas a nivel municipal e, polo tanto, sabemos cal vai ser a dimámica xeográfica previsible en todos os Concellos da provincia no horizonte de 2020. En canto ó mercado de traballo en Lugo, o principal problema non é a taxa de desemprego, unha das máis baixas de España, senón outras singularidades como os baixos salarios ou a dependencia de determinados sectores. Xunta de Voceiros Esta mañá houbo unha reunión cos voceiros dos grupos políticos para abordar o novo paso que se vai dar na elaboración do documento. José Ramón Gómez Besteiro avanzou que o Plan Estratéxico terá un comité de dirección onde estarán, como non podía ser doutro xeito, os tres grupos presentes na Deputación para facer un seguimento do Plan.