Deputación de Lugo

Gómez Besteiro participa en Chantada na entrega da XI Edición do Billó de Ouro

Imaxe deputación de lugo
Máis dun cento de persoas acuden ao acto no que foi galardoado o empresario Faustino Fernández Vázquez

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este sábado na entrega da XI Edición do Billó de Ouro. Trátase dun galardón que, dende hai anos, concede a Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica en colaboración co Concello de Chantada a unha personalidade ou institución cuxa actividade marcou a desenvolvemento deste Concello. Este ano, o premiado foi Faustino Fernández Vázquez, empresario nacido en Cuba pero criado en Vilaseco, na parroquia chantadita de Laxe, e que foi un dos fundadores de Fadesa. Neste senso, Gómez Besteiro felicitou ao galardoado “por este merecido premio que recoñece o traballo de toda unha vida do que todos nos beneficiamos”. Durante o acto de entrega, ao que acudiron máis dun cento de persoas, o titular do organismo provincial lembrou que Fernández Vázquez recuperou a Banda de Música de Chantada, e donou a Casa de Lemos, o que hoxe é a Casa de Cultura desta localidade. “Foi artífice de pequenas e grandes obras, aínda que todas elas moi significativas para os veciños da nosa provincia, e para Galicia en xeral”, incidíu. Gómez Besteiro subliñou que o premiado participou na construcción da Estrada do Atlántico, na fábrica da Toxa, ou na Residencia Juan Canalejo, entre outros proxectos. Ao mesmo tempo, indicou que a súa familia continúa a traballar en grandes proxectos para a Comunidade, para España , e tamén no eido internacional, “traendo riqueza a Galicia, e levando o nome da nosa provincia. Sen dúbida, dende a Deputación apoiaremos a todos os emprendedores que, como Faustino, traballen por e para a provincia, concluíu.”