CANDIA TRASLADOU O APOIO DA DEPUTACIÓN AO CAMPIÓN LUCENSE DE MOTOCROSS, JORGE PRADO
Lugo, 04 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, trasladou hoxe o apoio da institución provincial ao campión lucense de motocross, Jorge Prado. Fíxoo a través dunha conversación mantida por videoconferencia xa que o mozo de 14 anos reside en Bélxica debido aos seus compromisos profesionais.
Candia felicitou a Jorge Prado polo excelente resultado acado, que o converte en campión europeo de motocross. Con humildade traballaches para conseguilo, para sacar adiante a túa afección. Non foi un camiño fácil e iso faite moito máis merecedor do noso orgullo.
A presidenta da institución deulle as gracias por levar o nome da provincia polo mundo, por situala nas portadas dos medios de comunicación deportivos e por poder referenciarnos cun campión do mundo do motor. Así, dende a Deputación tendémosche unha man como ti o estás a facer con Lugo. A nosa disposición para axudarche é clara e firme.
Por último, Candia prognosticoulle moitos éxitos, trasladoulle de novo moito ánimo e as felicitacións dende a Deputación e de todos os lucenses.