Deputación de Lugo

O In Lugo amosou os trucos para triunfar cunha idea en internet

Álvaro Santos entregou este mércores os diplomas os participantes no curso Márqueting de contidos dixitais na era das TIC, nas súas modalidades online e semipresencialOs participantes iniciáronse no entorno dixital e poderán aproveitar as súas vantaxes para mellorar a proxección comercial da súa empresa ou do seu currículum profesionalO IN Lugo ofrece formación gratuíta en novas tecnoloxías para todos os públicos. A programación completa pode consultarse na web www.inlugo.deputacionlugo.org

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, entregou este mércores os diplomas ós 75 participantes no curso gratuíto de Márqueting de contidos dixitais na era das TIC, organizado no In Lugo, o primeiro Centro de Innovación Social de Galicia, posto en marcha polo organismo provincial.

O curso foi eminentemente práctico e ofrecéronse dúas modalidades, unha semipresencial que contou con 25 participantes e outra completamente online que contou con 50 participantes. As dúas versións tiveron un total de 150 horas de formación nas que os alumnos aprenderon a aplicar estratexias de márqueting en Internet. Traballaron con exemplos reais de produtos e negocios para os que tiveron que desenvolver unha adecuada promoción e publicidade en redes sociais, estratexias de fidelización de clientes e analizaron as posibilidades de comercio electrónico. Deste xeito, os participantes coñeceron as posibilidades de Internet e as vantaxes dun correcto posicionamento na rede.

In Lugo, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia posto en marcha pola Deputación de Lugo, ofrece formación gratuíta en novas tecnoloxías para todos os públicos, impulsando as o uso das TIC como instrumento para a promoción da igualdade social, a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos. A súa oferta formativa, completamente gratuíta, pode consultarse na web www.inlugo.deputacionlugo.org.