CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA ZONA ESPECIAL DE CONSERVACIÓN – ZEC- DA SERRA DO XISTRAL (LIFE IN COMMON LAND) QUE APLIQUEN MODELOS DE XESTIÓN BASEADOS EN RESULTADOS DE CONSERVACIÓN
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 22 de abril de 2022, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común da Zona Especial de Conservación (ZEC) Serra do Xistral (LIFE IN COMMON LAND) que apliquen Modelos de Xestión baseados en Resultados de Conservación.
A concesión destas subvencións responde aos efectos positivos sobre os hábitats prioritarios que se realiza deste manexo sostible do gando e do territorio, sustentando no Modelo de Xestión Baseado en Resultados de Conservación desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra de Lugo) e a Universidade da Coruña dentro do proxecto LIFE in Common Land. Estas subvencións están vinculadas a uns resultados e conlevan unha carga modal no senso de que os beneficiarios das mesmas deberán manter o Modelo de Xestión Baseado en Resultados de Conservación segundo o establecido no proxecto LIFE in Common Land.
O proxecto LIFE in Common Land conta coa contribución do Instrumento Financeiro LIFE da Unión Europea.
Xustificación e aboamento da subvención
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, o beneficiario deberá achegar, no prazo máximo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación do acordo de resolución definitiva no BOP de Lugo, a seguinte documentación:
O prazo de presentación das xustificacións será de 1 mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria (BOP nº 209 do 12.09.2022). É dicir, o prazo está aberto dende o MARTES 13.09.2022 ata o MÉRCORES 13.10.2022 (ámbolos días inclusive).
Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
e presentala xustificación no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Para máis información:
Teléfono: 982 227 813
E-mail: und.medioambiente@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese: