VIII CONCURSO FOTOGRAFÍA RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES - 2025
A VIII Edición do Concurso de Fotografía tivo como fío condutor nesta edición do 2025 “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”, coa finalidade de poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio etnográfico material representativo do aproveitamento sostible dos recursos naturais destas Reservas da Biosfera.
Neste particular cómpre aclarar que a temática “Patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” inclúe, entre outros bens, hórreos, muíños, aceas, lavadoiros, fontes, pontellas, cortíns, pallozas e outras construcións tradicionais, que constitúen a pegada dos nosos devanceiros e o seu bo facer á hora de aproveitar os recursos dun xeito sostible sen comprometer á súa persistencia ou esgotamento.
Concesión definitiva dos premios da Convocatoria do VIII Concurso de Fotografía "O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses" Ano 2025 (BOP 30.05.2025)
Para os efectos oportunos, en relación á Convocatoria do VIII Concurso de Fotografía “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” Ano 2025, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 23 de maio de 2025, acordou:
Primeiro. Estimar a alegación presentada por Dª. Paula Arias Abella (con DNI ***4696**)o día 28.04.2025, admitindo a súa fotografía presentada ao VIII Concurso de Fotografía “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” no ano 2025, e incluíndoa na listaxe de fotografías admitidas ao concurso xunto coa súa avaliación, segundo consta na acta da Comisión de Avaliación do día 19.05.2025.
Segundo. Aprobar a concesión definitiva dos tres premios do VIII Concurso de Fotografía “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” no ano 2025:
Segundo a listaxe que se anexa que especifica os criterios de valoración empregados na avaliación, así como a desestimación do resto de solicitudes, de acordo cos criterios reflectidos na base 8ª da convocatoria, segundo a especificación que consta na acta da Comisión de Avaliación.
Terceiro. Notificar o presente acordo de concesión definitiva aos interesados de acordo co previsto na base novena da convocatoria, mediante a publicación do citado acordo de concesión definitiva no BOP e na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal para o seu coñecemento e efectos oportunos."
Outros datos
As obras deben ser inéditas e non poden ter sido premiadas con anterioridade.
Deberase presentar unha única fotografía por solicitante, quedando excluídas do presente procedemento aquelas persoas que presentasen mais dunha fotografía ao concurso, ben nunha mesma solicitude ou en varias.
A fotografía poderá ser realizada en branco e negro ou en cor, e deberá presentarse seguindo os requisitos da base quinta.
Os autores das obras premiadas cederán a favor da Deputación Provincial de Lugo todos os dereitos patrimoniais destas, en especial os dereitos de exposición, publicación e calquera outros relacionados coa difusión, citando sempre o nome do autor. Estes dereitos estenderanse a un período total de trinta anos.
En ningún caso se devolverán as fotografías aos participantes no concurso.
Documentos da convocatoria
Anuncio concesión definitiva BOP 30.05.2025
Anuncio concesión provisional BOP 21.04.2025
Anuncio ampliación de prazo BOP 24.01.2025
Anuncio convocatoria BOP 20.11.2024
Anexo I pdf (Solicitude de participación)
Anexo I editable (Solicitude de participación)