Deputación de Lugo

A Festa da Tenreira Galega de Láncara cumpre 20 anos co apoio do Goberno da Deputación

- Campos Conde, Piñeiro López e Rivera Capón presentaron esta nova edición coa que colabora o Goberno da Deputación, que xunto co Concello, son as únicas administracións que promoven este evento- Haberá concurso de gando, actuacións musicais polas rúas da vila, degustacións de terneira e queixos con Denominación de Orixe, entre outros produtos. O pregón desta edición correrá a cargo da profesora Inmaculada Vázquez Fernández- Ademais este ano, como novidade, haberá compra e venda de produtos da horta, e stands de cervexa ecolóxica

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, e o Deputado, Pablo Rivera Capón, presentaron este venres no Pazo de San Marcos, a XX Edición da Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara, que se celebrará dende 29 de abril ata o 1 de maio, neste Concello da Comarca de Sarria. O Goberno da Deputación é a unica administración, xunto con Concello, que colabora coa promoción deste evento. Faino a través da Granxa Gayoso Castro, coa doazón dunha terneira para sortear entre os asistentes, e ademais sufraga a actuación do grupo musical os Peleiriños.

O Presidente remarcou que “20 anos despois esta feira xa está consolidada dentro das citas festivas da Comarca de Sarria, e que cada ano atrae a máis visitantes, pois esperase que este ano visiten Láncara preto de 3.000 persoas. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con esta Feira Degustación da Tenreira Galega co obxectivo de potenciar a actividade agrogandeira e dinamizar a economía do rural ao mesmo tempo que fomentamos o consumo de produtos autóctonos como a tenreira ou o queixo con Denominación de Orixe da Comarca de Sarria”.

Durante a celebración desta XX edición, degustaranse máis de 1.500 quilos de tenreira galega, que se servirán ao caldeiro ou á grella, a 14 euros por ración, acompañadas de queixos feitos con leite do municipio, ademais de pan e bebidas. A programación do evento inclúe actuacións musicais, stands de produtos autóctonos, o sorteo de varias tenreiras, un concurso de cabalos e un concurso de gando no que participarán máis de 100 cabezas de res. Ademais, este ano como, novidade haberá compra e venda de produtos da horta, e stands de cervexa ecolóxica.

20 anos de celebración

O Alcalde agradeceu a implicación da Deputación ao longo destes anos na promoción desta Feira. “Se hoxe cumprimos 20 anos, foi gracias a institucións como a Deputación, que sempre apostaron por citas destas características que contribúen a dinamizar un Concello pequeno como Láncara, pero que son fundamentais para a súa posta en valor”, resumiu. Ademais avanzou que o Concello impulsará esta feira para que sexa Declarada de Interese Turístico de Galicia, tras cumprir 20 anos.

Programación

Domingo, 29 de abril

Programa en directo da Radio Galega (Somos Quen), dende o Campo da Feira.

Campionato de tute benéfico, a favor da asociación Raiolas.

Luns, 30 de abril

Festa dos Maiores

13:00 horas.- Recepción da corporación no Campo da Feira.

13:30 horas.- Actuación musical do dúo Muralla.

14:00 horas.- Xantar.

16:00 horas.- Actuación musical do dúo Muralla.

17:30 horas.- Despedida do Alcalde.

Martes, 1 de maio

11:00 horas.- Pasarrúas, grupo musical.

11:30 horas.- Apertura das exposicións.

12:00 horas.- Recepción de Autoridades.

12:15 horas.- Visita aos stands de produtos do agro, a carne, a sidra, os queixos, o mel e a horta.

12:30 horas.- Degustación de queixos, e de sidra ecolóxica.

12:45 horas.- Percorrido pola feira, e visita á zona de exposición de gando.

13:00 horas.- Actuación do grupo Peleiriños.

13:30 horas.- Pregón a cargo da profesora Inmaculada Vázquez Fernández.

14:00 horas.- Xantar.

16:00 horas.- Actuación de grupo musical.

17:00 horas.- Entrega de premios de concurso de gando.

17:30 horas.- Sorteo dunha terneira doada pola Granxa Gayoso Castro da Deputación.

18:00 horas.- Exhibición deportiva das escolas municipais no Pavillón.

Ademais ao longo de toda a xornada o grupo de gaitas da asociación cultural Val de Láncara actuará polas rúas da vila.