A Deputación de Lugo ofreceu hoxe unha xornada informativa sobre a factura da luz no local da ASORLU

A Deputación de Lugo ofreceu hoxe unha xornada informativa sobre a factura da luz no local da Asociación de Persoas Sordas de Lugo (ASORLU), pensada para asesorar a este colectivo e facilitarlle o acceso a este tipo de información de xeito que se a súa autonomía e independencia.
A charla, á que asistiu o Deputado provincial Álvaro Santos, estivo a cargo de tres técnicos da Axencial Provincial da Enerxía. Este abordaron aspectos como, entre outros, a eficiencia dos electrodomésticos e os compoñentes eléctricos que se utilizan nos fogares; que hábitos domésticos serían os máis recomendables segundo as necesidades de cada vivenda, ou a análise detallada da factura eléctrica, que tipos de tarifa existen e cales serían os máis axeitados ás necesidades dun fogar.
Servizo de asesoramento gratuíto
A Deputación ofrece un servizo gratuíto a todos os veciños da provincia, a través da Axencia Provincial da Enerxía, para facer consultas sobre a facturación eléctrica e de cara ao aforro enerxético, a custe cero e de xeito individualizado.
Este servizo ponse a disposición a través de tres canles: de xeito presencial no Pazo de San Marcos, por teléfono no 982 260 113 ou por correo electrónico no enderezo asesoria.facturacion@deputacionlugo.org
Información sobre o mercado eléctrico, as principais variables do sector e as particularidades do consumo cidadán; a detección de posibles erros ou defectos na factura; o asesoramento na tramitación de avisos, queixas ou suxerencias ou medidas para reducir custes tendo en conta os hábitos de consumo son algúns dos servizos que se ofrecen.