Deputación de Lugo

A selección da Coruña campiona de Fútbol-Sala nas categorias alevín mixto e infantil

- Campos Conde e García Bermúdez, xunto con outras autoridades, entregaron os trofeos aos gañadores destas competicións disputadas na Pontenova e Trabada

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto con outras autoridades, entregou á Selección da Coruña na categoria de infantil masculino o trofeo do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, desputado este sábado no Pavillón Municipal da Pontenova. A final xogarona a selección coruñesa contra a ourensá, vencendo os coruñeses 2-0.

A Deputada de Economía e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, , xunto con outras atoridades, entregou o trofeo ao campéon na categoria alevin mixto do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala, que organizan conxuntamente coa Real Federación Galega de Fútbol. Esta final disputarona as selección da Coruña e a de Pontevendra, vencendo a primeira por 4-0.

8 equipos

Os equipos que participaron son das comarcas de; A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol e a da Costa.