Deputación de Lugo

Comeza o V Ribadeo Indiano, co principal patrocinio da Deputación, con 6.000 euros

- O Executivo Provincial participa nesta interesante cita turística que homenaxea a emigración, sendo a única administración que colabora, xunto co Concello de Ribadeo- Os visitantes poderán desfrutar, do 6 ao 8 de xullo, de varias propostas nas rúas de Ribadeo nas que haberá teatro, festival de habaneras, actuacións musicais, mercado de produtos ultramar, visitas a casas indianas ou taller de baile  - Álvaro Santos e Fernando Suárez inauguran esta V edición, na que convidaron aos visitantes a participar no universo indiano que vivirán todos as parroquias, rúas e establecementos da vila durante toda a fin de semana

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participou este venres o V Ribadeo Indiano, unha cita turística que conta co principal patrocinio da Deputación cunha achega de 6.000 euros. Na presentación, participaron tamén o Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; a Consul General de Uruguay, Mª del Huerto Arcaus Sánchez, o Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez Fernández, e o Presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Miguel Iriarte.

Santos Ramos destacou que “esta colaboración, enmárcase dentro da aposta do Goberno da Deputación pola promoción do turismo na provincia, a través de citas punteiras como é o Ribadeo Indiano, que move ano a ano centos de visitantes. Esta é unha cita coa que ademais de promover turisticamente a zona, impulsamos a economía local e xeramos riqueza”.

Esta V edición do Ribadeo Indiano contará con conferencias, animación teatral, representación músico poética, festival de habaneras, actuacións musicais, mercado de produtos ultramar, visitas a casas indianas, taller de baile, xogos populares, xincana, pasarrúas, en total, 40 actividades que trasladará aos visitantes ao Ribadeo de principios do século XX. Todos os visitantes poderán ver a transformación de toda a vila de Ribadeo, e na que se poderá revivir a recreación dun recuncho de Cuba, Arxentina, Porto Rico, Uruguai ou México, destinos que tivo a emigración ribadense de finais do século XIX, primeiros do século XX. Lembrou ademais a importancia deste evento turístico na que hai unha implicación absoluta de todos os veciños e de todos comerciantes da vila. Ademais explicou, que “non só están engalanadas as rúas do centro, senón todas as parroquias onde a emigración deixou a súa pegada”.

Programación

Venres 6 de xullo

18.00h. No Teatro da vila. Presentación da V Edición do Ribadeo Indiano.

18.15h. No Teatro. Conferencia “A Pegada de Galicia no Uruguai”, a cargo de Manuel Suárez Suárez, doutor en Dereito e Ciencias Sociais e Estudos da Emigración.
19.30h. No Teatro. Representación musical “Melodías de ultramar”, a cargo do afamado grupo La Malquerida.

20.00h. Baixada ao Porto de Porcillán, acompañado do célebre grupo de música Cuarteto Tradicional Illa Pancha.

20.30h. No peirao de Porcillán. Animación teatral “Cadros da emigración”, a cargo do insigne Grupo de Teatro de Ribadeo.

21.00h. No peirao de Porcillán. Actuación musical Banda de Música Municipal de Ribadeo.

21.30h. Subida do Porto, con parada e actuacións musicais en:Escaleiras de Martínez: A Vilameiga e Cubanita, interpretadas polo Coro Sagrado Corazón; Patín: La Malquerida; Fonte dos Catro Canos: Versiones al Paso; Praciña de Abaixo: “Arrolladora conga callejera”, a cargo de Son al son.

22.30h. No Quiosco da Música. Pregón a cargo de Diego Rodríguez Paz, ribadense especialista en arquitectura indiana.

23.00h. No Quiosco da Música. Actuación musical a cargo do conxunto musical Versiones al Paso.

00.30h. No quiosco da Música. Actuación musical a cargo do formidable grupo Son al son.

Sábado 7 de xullo

11.00h. No barrio de San Roque. Apertura do Mercado de productos de ultramar.

11.00h. En Rinlo. Visita á Casa Indiana de Don Inocencio. Previa reserva*

11.00h. Pasarrúas a cargo do animado grupo de Mariachis.

12.00h. Na Praza de Abastos. A Chegada dos Haigas (exhibición de coches clásicos).

12.00h. Paseo cultural polo gran legado Indiano comentado polo ribadense Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. (Suso Martínez – Guía actor). Previa reserva*

12.00h. En Rinlo. Coñece a extraordinaria Casa Indiana de Don Inocencio. Previa reserva*

12.15h. No Cantón dos Moreno. Taller de animación musical: “El Carnaval del Uruguay, el más largo del mundo. Características e Historia”. Repaso ao repertorio máis popular do carnaval uruguaio. a cargo de Diego Berardi, director da murga Los Saltimbanquis, con quen alcanzou o 1º Premio de Carnaval do Uruguai.

12.30h. Na praciña de San Roque. Animada Minixincana infantil: “Na procura do tesouro indiano”, a cargo de Con Sentidiño.

12.30h. No Teatro. Conferencia: “Nacionalistas ribadenses na Arxentina: Lino Pérez e Clemente López Pasarón”, a cargo do ribadense Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo.

13.00h. Polas rúas da vila. Animación teatral A Lavandeira a cargo de Magüeta.

13.30h. No barrio de San Roque. Actuación musical a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo.

16.00h Pasarrúas cargo do grupo de Mariachis.

17.00h. No barrio de San Roque. Animación teatral Animacreques.

17.00h. Xincana. A cargo de Con Sentidiño. Previa reserva**

17.00h. Gran paseo polo Ribadeo Indiano amenizado pola visitante Catherine Pereira, que vén ata estas terras na procura das raíces dos seus fillos (Isabel Díaz- Robles – Guía actriz). Previa reserva*

17.00h. En Rinlo. Coñece a extraordinaria Casa Indiana de Don Inocencio. Previa reserva*

17.30h. No parque de Indianos. Participa do III Gran Aberto de Quimbumbia (Billarda) do Ribadeo Indiano, deporte ancestral.

18.00h. En Rinlo. Coñece a Casa Indiana de Don Inocencio. Previa reserva*

18.00h. No Cantón dos Moreno. Taller de baile: ritmos latinos a cargo de Bony.

19.00h. No Teatro. Conferencia: “Facer historia dende fontes familiares: a emigración galega ao Uruguai” a cargo de, Pilar Cagiao,. Profesora Titular de Historia de América da USC e Membro da Comisión Técnica do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

20.00h. Polas rúas da vila. Animación teatral con Animacreques.

20.30h. No Barrio de San Roque. XXIV Festival de Habaneras e música Hispanoamericana “Ría de Ribadeo”. Interveñen as corais: Coro Ángel Embil, de Pola de Siero; Coral Ozenki, de Hernani; Coral Polifónica de Ribadeo.

23.00h. No Quiosco da Música. Recreación dunha Verbena Tradicional a cargo dos maxistrais grupos de música Caxade e Son con Swing.

Domingo 8 de Xullo

10.00h. Na Praza de Abastos. Gran Mercado da Horta.

11.00h. Pasarrúas a cargo da tradicional Asociación Amigos da Gaita.

12.00h. Paseo cultural polo gran legado Indiano comentado polo ribadense Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. (Suso Martínez – Guía actor). Previa reserva*

13.00h. No Quiosco da Música. Actuación musical, a cargo do grupo As Áureas.

14.00h. No Círculo Habanero da Devesa. Xantar campestre. Previa compra de tickets***

17.30h. Paseo cultural polo legado Indiano de Vilaframil, Rinlo e da Devesa, comentado pola visitante Catherine Pereira, que vén ata estas terras na procura das raíces dos seus fillos (Isabel Díaz- Robles – Guía actriz). Previa reserva*

18.30h. No histórico Círculo Habanero da Devesa. Representación teatral: “Cousas de Vellos”, a cargo do Grupo de Teatro Trípode de Alfoz.

20.30h. No Círculo Habanero da Devesa. Actuación musical a cargo da Rondalla Armonia, de Tol.

21.30h. No Círculo Habanero da Devesa. Verbena de tarde a cargo do grupo musical Son con Swing.

*Poderás reservar calquera das actividades programadas no teléfono 982 128 689 ou na Oficina de Turismo de Ribadeo; as prazas serán limitadas.

**Poderase reservar unha praza na xincana no correo xincanaribadeoindiano@gmail.com

***Poderase adquirir un tícket para o xantar campestre en: Círculo Habanero da Devesa e Oficina de Turismo de Ribadeo. Prezo 20€.