Instalada en Viveiro a escultura en homenaxe aos Cofrades de Viveiro, coa que colaborou o Goberno da Deputación

A Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Presidente da Xunta de Cofradías, José Veiga Golpe, e autoridades da provincia, participaron este sábado, acompañados dun cento de veciños, na inauguración da escultura pública en homenaxe aos Cofrades de Viveiro Os heraldos do Encontro. A estatua, quedou instalada nunha das beiras da Igrexa de San Francisco, no centro urbano do Concello de Viveiro.