Os veciños de Castroverde reciben 300.000 euros da Deputación para dotacións públicas, emprego e servizos sociais

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, presentou este xoves en Castroverde o 1º investimento doOrzamento de 2016 para este municipio, dotado con 306.214 euros. Fíxoo nunhavisita institucional, que arrancou cunha recepción por parte do Alcalde, XoséMaría Arias, e outros membros da Corporación municipal, na que o Presidente asinouno Libro de Ouro do Concello.
Hoxe presento un importanteinvestimento da Deputación para mellorar as infraestruturas e as dotaciónspúblicas, crear emprego e impulsar o servizos sociais en Castroverde. Con isto,quero reafirmar o compromiso desta institución de mellorar a calidade de vidados case 3.000 veciños deste municipio; un compromiso que xa se materializou nopasado con outros destacados proxectos, como a construción do centro de maioresou do polígono, destacou.
Os máis de 300.000 euros quea Deputación inxecta en Castroverde son para as seguintes actuacións:
Dotacións públicas einfraestruturas
- 150.000 euros paradotacións públicas e infraestruturas. Esta cantidade é para habilitar unparque público infantil no núcleo da vila; así como para a mellora dosseguintes camiños municipais: Fornos de Castedo, Espasande-Goi, Praza de AMeda, Vilar dos Naraos-Gondar, Abelleira, San Cosme de Barreiros, Lamelas,Barrio de A Fortaleza, Montecubeiro, Pumarega, Cellán de Calvos, Gracián, Meda,Praza de San Cibrao de Montecubeiro e Moreira. Para a execución destestraballos, o Concello achegará outros 50.000 euros.
- 50.867 euros para asobras do POS. É o investimento que achega a Deputación aos traballos depavimentación e saneamento nas rúas Rosalía de Castro, da Feira, dos Nenos e naPraza do Concello. Están dotados dun total de 63.584 euros, pois o Concelloinviste outros 12.726 euros. O orzamento provincial é o triplo que no 2015,pois Campos Conde decidiu aumentar o investimento da Deputación para o POS.
- 21.455 euros para aforroenerxético. Trátase da cantidade que lle corresponde a Castroverde para mellorasna rede de alumeado público, instalacións de caldeiras e estufas de biomasa,novas redes de calor ou illamentos térmicos. Esta actuacións enmárcanse no Plande Aforro Enerxético da Deputación nos Concellos.
- 4.291 euros para Tics.A entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común dasAdministracións Públicas establece cambios nas ferramentas tecnolóxicas para garantiraos cidadáns a realización de todos os seus trámites coa administración local dexeito telemático. Por este motivo, a Deputación ofrece aos 66 municipios demenos de 20.000 habitantes axudas económicas para poder levalas a cabo.
Emprego e servizos sociais
- 41.844 euros para crearemprego. É a cantidade que lle corresponde a Castroverde do DEPUEMPREGO, o Plan de Emprego daDeputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Esta programación éunha aposta persoal do Presidente pola xeración de traballo e a máximacooperación cos Concellos.
- 3.000euros para a Feira da Artesanía e Gastronomía.O organismo provincial colabora no financiamento desta cita, que se celebraesta fin de semana e recibe a un numeroso público, co obxectivo de contribuírao impulso do comercio e dos establecementos hostaleiros, impulsando o empregoe a economía.
- 22.040 euros para o Servizo a Domicilio.Castroverde recibe esta subvención en base ao seu índice de envellecemento,superficie, densidade de poboación e unidades de poboación. Por primeira vez,esta prestación suporá custo cero para os Concellos, xa que o Goberno daDeputación decidiu asumir todos os custos. Tamén de xeito pioneiro, o organismoprovincial ofrece aos municipios un adianto do 90% e a posibilidade de poderfinanciarlles, ademais dos gastos de persoal, os gastos de funcionamento,axustándose ás necesidades dos usuarios de cada unha das distintas entidadeslocais co obxectivo de mellorar a calidade deste servizo público.