Deputación de Lugo

A Deputación vende na Feira de San Marcos da Fonsagrada 3 xovencas da Granxa Gayoso Castro

granxa gayoso castro
Carlos López
Concello da Fonsagrada
Poxa A Fonsagrada
O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino participou este sábado na cita que se desenvolveu no recinto feiral deste concello da Montaña e na que os animais das instalacións provinciais acadaron un prezo medio de 2.366€

O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, participou este sábado na poxa de novelas de Raza Rubia Galega que se celebrou no recinto feiral deste municipio da Montaña na tradicional Feira de San Marcos, un evento que se recuperou hai catro anos logo de catro décadas sen celebrarse. A Deputación de Lugo vendeu as tres xovencas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro que presentou e que acadaron un prezo medio de 2.366€.

Carlos López puxo en valor o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro situada en Castro de Rei é “un dos piares da ampla actividade de apoio ao sector primario que desenvolvemos na institución provincial, que converteu este centro nun referente e un motor da actividade agrogandeira na provincia e no conxunto de Galicia a través da formación e a investigación”. 

Un referente na recría e na promoción da raza autóctona en colaboración con ACRUGA, estas instalacións provinciais contan tamén co primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite e, dende finais do ano 2020, coa Granxa Experimental de Leite, un centro pioneiro en Galicia, pois é o primeiro que une formación e investigación universitarias en torno ao sector lácteo.