O Goberno da Deputación mellora os accesos públicos á parroquia de Covas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, supervisaron este mércores as obras de mellora nos accesos públicos á praia de Area, xa rematadas, e á parroquia de Covas que veñen de iniciarse. O Goberno Provincial financiou na súa totalidade destas actuacións a través dos 720.000 euros que achegou aos veciños de Viveiro coa execución do orzamento de 2016.
Campos Conde explicou que se tratan de melloras moi necesarias, pois á praia de Area, que conta con bandeira azul, é unha das máis visitadas; e a parroquia de Covas é un das zonas máis poboadas de Viveiro, pois conta con máis de 3.000 veciños. As vías que melloramos con aglomerado en quente dan acceso a lugares tan importantes, como o colexio de Covas, que conta con 180 alumnos; e concorridos, como a igrexa desta mesma parroquia, que é punto de interese turístico. O Presidente e a Alcaldesa explicaron que os traballos en Covas se intensificarán a partires do día 21 de xuño, cando os rapaces do colexio rematen o curso escolar, co fin de non ocasionar dificultades ás familias.
Loureiro García agradeceu ao Goberno da Deputación a súa intensa colaboración, sendo unha institución exemplar para os veciños de Viveiro, sen a que non poderíamos seguir avanzando, pois é a única que verdadeiramente se implica co noso Concello.
A Alcaldesa remarcou que estas actuacións se inclúen no paquete de 720.000 euros, que financiou o Goberno da Deputación co orzamento de 2016, e entre as que se atopan as executadas na Rúa Alfonso Pérez, Praza de Lugo, Avenida da Mariña, no núcleo de Ameixoá ou en Pénjamo. As vindeiras obras deste paquete son a sinalización das rutas de sendeirismo desde o Monte de San Roque ao do Penedo do Galo.
Atención a 170 maiores
Con dito investimento, o Goberno Provincial presta atención a 170 maiores de Viveiro aos que non atende a Xunta de Galicia por non estar catalogados como dependentes. O Executivo da Deputación faino a través do Servizo a Domicilio a non dependentes e a Teleasistencia gratuíta. Ademais, colabora no arranxo das instalacións do que é o único centro ocupacional da Mariña Occidental que presta servizo diúrno a persoas con discapacidade intelectual, no que se atende a 36 cidadáns, e na atención a familias con enfermos de alzheimer.
Xeración de emprego
O Goberno da Deputación achegou a Viveiro máis de 63.500 euros para a xeración directa de novos postos de traballo e o reforzo dos servizos públicos municipais a través do DEPUEMPREGO, pois esta programación vai a permitir a incorporación de 8 actuais desempregados lucenses. Son 1 técnico informático, que se ocupará do mantemento da páxina web do Concello e da dixitalización de documentos; 1 monitor de actividades de socorrismo, que realizará cursos de socorrismo e natación na piscina municipal; 1 electricista, 2 pintores e 3 peóns de servizos múltiples para o mantemento e posta en valor das zonas urbanas do Concello de Viveiro na época estival. Actualmente, estanse a avaliar as probas de selección realizadas nos pasados días.
Dinamización económica
O investimento do Goberno da Deputación para a dinamización económica de Viveiro, así como da súa contorna, acadou os 240.000 euros, pois con esta achega o Executivo Provincial contribuíu á celebración de citas de extraordinaria importancia para a Mariña como o Resurrection Fest ou a Semana Santa de Interese Turístico Internacional. Con dita achega, o Goberno da Deputación tamén colaborou coa Festa da Merluza ou co Mercado Medieval. Así mesmo, axudou a profesionais da pesca de baixura a mellorar as súas embarcacións e a agricultores os invernadoiros.
Dinamización social
Para a dinamización social de Viveiro mediante a organización de actividades culturais e deportivas, o Executivo Provincial achegou outros 50.000 euros. Destacan as achegas para as Escolas Deportivas Municipais, Biblioteca Municipal, así como para obradoiros, exposicións, rutas turísticas e distintos eventos deportivos; ademais das dirixidas a asociacións culturais e deportivas de todas as modalidades (fútbol, baloncesto, balonmán, ximnasia rítmica, piragüismo, bádminton, surf, remo, tenis ou atletismo.
a contratación de 8 desempregados lucenses co DEPUemprego. Cómpre subliñar que o Executivo Provincial achegou 240.000 euros para financiar actividades como Resurrection Fest, a Semana Santa de Interese Turístico Internacional, a Festa da Merluza ou co Mercado Medieval.
O Goberno Provincial colaborou con 50.000 euros na organización de actividades deportivas ou cultuais como obradoiros, exposicións, rutas turísticas e distintos eventos deportivos; ademais das dirixidas a asociacións culturais e deportivas de todas as modalidades (fútbol, baloncesto, balonmán, ximnasia rítmica, piragüismo, bádminton, surf, remo, tenis ou atletismo).