120 persoas reduscubren a provincia en helicóptero, e a través de actividades acuáticas e de escalada con Km0 Xtreme

En total, preto de 400 persoas participan esta semana nas 9 rutas organizadas pola Deputación dentro do programa medioambiental O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Deputado de Cooperación cos Concellos e Alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a tres grupos dentro de Km0: un da asociación sociocultural O Cairón de Monterroso, outro do CEIP As Nogais e, o terceiro, formado por solicitantes individuais que redescubriron a provincia cunha viaxe en helicóptero pola Mariña. En total, preto de 400 persoas participan esta seman a nas 9 rutas organizadas polo organismo provincial dentro do programa medioambiental. Os veciños de Monterroso viaxaron ata a zona norte da provincia, onde visitaron as praias Área, Muinelo e Portonovo e os acantilados de Morás. Tamén fixeron un percorrido a pé dende Vilachá ata a punta Roncadoira. Pola súa banda, os alumnos das Nogais tamén coñeceron a Mariña. Concretamente, percorreron o centro de cultivos mariños, os mosteiro das Clarisas e ocasco histórico ribadense. Os escolares completaron o itinerario cunha travesía marítima pola ría deste Concello. Asimesmo, un grupo de solicitantes individuais participaron na modalidade Xtreme do programa, que inclúe 14 rutas -10 delas de balde-. Estes decantáronse pola viaxe en helicóptero, cuxa empresa ten a súa razón social en Ribadeo e ten a base no aeródromo de Villaframil. Os solicitantes individuais puideron sobrevoar a ría ribadense durante 15 minutos. O mércores, outro grupo de veciños da provincia redescubrirán a provincia tamén cunha viaxe en helicóptero pola localidade mariñana. Mañá, o centro educativo de menores Santo Anxo de Rábade estrearán a ruta da modalidade Xtreme Móllate, que inclúe actividades de vela latina, catamarán, kayak e esquí náutico, en Ribadeo. Os integrantes do centro educativo completarán a ruta cun paseo polo casco histórico deste municipio. Ese mesmo día, un grupo da asociación cultural Os Castros de Foz elexirán a ruta Pallozas do Cebreiro, que inclúe un percorrido a pé ata o primeiro hito do Camiño Francés, e unha visita ó museo etnográfico, á igrexa de Santa María A Real, ó albergue de peregrinos e á Cruz do Monte. O xoves, un grupo de solicitantes individuais estrearán a ruta Vertical, formada por actividades relacionadas coa escalada, dentro da modalidade Xtreme de Km0. Asimesmo, este día outras 79 persoas coñecerán a Torre dos Andrade, a área recrativa, o seguidor solar, o museo arqueolóxico e a charca de Alligal, en Vilalba. Pola súa banda, membros da asociación Mayores de Labrada (Guitiriz) viaxarán ata a Mariña. Concretamente, en Ribadeo visitarán o centro de cultivos mariños e o convento das Clarisas. Tamén farán unha travesía marítima pola Ría.