Deputación de Lugo

O Deputación reafirma o seu apoio ás persoas con coagulopatías na clausura da asemblea de AGADHEMO

Pablo Rivera Capón
Clausura asamblea AGADHEMO

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo no acto de clausura da asemblea anual da Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), que tivo lugar no Hotel Mercure de Lugo. Durante a súa intervención, o Deputado destacou o compromiso da institución provincial co benestar das persoas e sinalou que máis dun terzo do orzamento provincial se destina a políticas sociais, "un investimento decidido nas persoas, na igualdade e na dignidade". 

 

Subliñou tamén o traballo “serio, humano e fundamental” que desenvolve AGADHEMO, e reafirmou o apoio da Deputación a iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas que sofren coagulopatías. A institución provincial colabora coa entidade no desenvolvemento dun programa de atención, información e formación dirixido a persoas con coagulopatías conxénitas cunha achega de 5.000€.