O Goberno da Deputación mellora con 325.000 euros a estrada que une Sarria con Goián, beneficiando a 300 veciños
O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, supervisaron este martes acompañados de veciños as melloras executadas na estrada LU-P-5705 de Mazadoiro a San Martín de la Torre por Escarlán, e ás que o Goberno Provincial destinou 325.000 euros. Trátase dunha vía de comunicación fundamental da zona pois ademais de ser a estrada que une Sarria con Goián permite conectar a uns 15 núcleos de poboación do rural do municipio sarriano, benefician directamente aos 300 veciños da zona así como a explotación agrícolas e gandeiras.
Fernández Queipo apuntou que dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos coa mellora das infraestruturas e dotacións públicas dos nosos veciños, concretamente os do rural, co fin de garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas. Facemos un grande esforzo inversor para mellorar a rede viaria provincial que, con 4.200 quilómetros de vías, é a máis extensa do estado. É por iso polo que decidimos pór en marcha un plan dotado de 15 millóns para melloras en estradas provinciais dos 67 Concellos, co que poderemos ter aglomerado, practicamente, o 50% da rede provincial, uns 2.000 quilómetros
López Yáñez agradeceu a constante colaboración e cooperación do Goberno da Deputación cos municipios da provincia, destinando grande cantidade de recursos que nos permiten realizar novos proxectos cos que mellorar o día a día dos nosos veciños.
Melloras de 325.000 euros
As obras financiadas polo Executivo Provincial con 325.000 euros, consistiron na rehabilitación dos primeiros 6,5 quilómetros da LU-P-5705. As melloras consistiron na reposición do firme con aglomerado en quente, traballos de drenaxe transversal, así como o repintado da vía.