10 nenos rusos do programa de acollida da asociación Ledicia Creativa visitan o Pazo de San Marcos
A Deputada de Benestar e Promoción Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro este martes no Pazo de San Marcos coas familias do programa de acollida a nenos rusos afectados pola radiación de Chernobyl. En total foron 60 nenas e nenos que pasaron o verán en 31 Concellos de Galicia, dos que 10 estiveron en municipios lucenses. Fixéronno coa asociación Ledicia Cativa, que pon en marcha dende hai 23 anos e co que o Goberno Provincial colabora por medio dunha axuda de 2.000 euros.
López Izquierdo destacou a dura labor e o continuo esforzo que ano tras ano esta asociación leva a cabo de forma desinteresada para que estas nenas e nenos poidan desfrutar dun verán diferente, aloxados da contaminación radioactiva, e vivindo experiencias diferentes e enriquecedores. Recordou tamén que dende este Goberno Provincial sempre apostaremos e tentaremos axudar na medida do posible a calquera que defenda ás persoa e os seus dereitos, dentro da nosa aposta por ser unha Deputación que aposte pola igualdade de oportunidades e dereitos de calquera ser humano.
Pola súa parte, dende a asociación quixeron agradecer ao organismo provincial ser unha administración aberta e próxima coa que se pode contar en todo momento e sen a que este programa tería moitísimas menos posibilidades de saír adiante
Programación
O programa, que comezou a mediados de xullo, durará ata finais desta semana e consistiu na acollida de nenas e nenos rusos das rexións de Briansk, Tula e Tiumen, algunhas das máis contaminadas pola radiación. O obxectivo do programa é que as familias acollan dende os 7 aos 17 anos aos rapaces para que, durante o verán, poidan recuperar a súa saúde en Galicia, mellorando desta forma a súa calidade e esperanza de vida. Ademais, os rapaces tamén crean fortes vínculos e obteñen unha experiencia única e uns valores sociais e culturais diferentes.