Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Goberno da Deputación mellora en Quiroga a vía de Ponte Barreiro a Vilarbacú, na parroquia da Seara

infraestruturas
Arranxo da LU-P-5001 en Quiroga
As obras de mellora da LU-P-5001 que financiou o Executivo Provincial conta cunha achega de 53.500 euros, que permitiron a renovación de 1,2 quilómetros do firme con aglomerado en quente

Santos Ramos explicou que “con estas actuacións beneficiamos directamente a máis de 50 veciños de Quiroga, concretamente dos núcleos da Seara, O Mazo, O Soldón, Vieiros e Vilarbacú”

Con estas melloras contribuímos a incentivar as comunicacións na parroquia da Seara, unha zona estratéxica para o turismo rural e o sendeirismo deste Concello da Ribeira da Sacra, xa que é un dos espazos emblemáticos do turismo no sur lucense

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, supervisou o remate das obras de mellora da LU-P-5001, no Concello de Quiroga, que financiou o Executivo Provincial cunha achega de 53.500 euros. Estes fondos permitiron a renovación de 1,2 quilómetros do firme con aglomerado en quente.

Trátase da estrada que vai de Ponte Barreiro (LU-623) a Vilarbacú, na parroquia da Seara. Santos Ramos explicou que son traballos que  benefician directamente a máis de 50 veciños de Quiroga, concretamente dos núcleos da Seara, O Mazo, O Soldón, Vieiros e Vilarbacú.

“Con estas actuacións, dotamos de mellores comunicacións á parroquia da Seara, unha zona estratéxica para o turismo rural e o sendeirismo deste Concello da Ribeira da Sacra, xa que é un dos espazos emblemáticos do turismo rural no sur lucense. Ao seu atractivo aspecto de aldea típica da montaña, hai que engadir unha situación estratéxica que a converte no punto de partida de numerosas rutas de sendeirismo”, destacou.

Os traballos, consistentes na limpeza de cunetas, renovación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal e vertical, leváronse a cabo nun treito de 1,2 quilómetros do punto quilométrico 7,8 ao 9,0.