O Goberno da Deputación organiza unha xornada sobre educación sexual dirixida a pais e nais

A Deputada animou a participar aos interesados e sinalou que “esta charla estará conducida por un grupo de médicos e sexólogos co fin de tratar con naturalidade o tema da educación sexual e transmitirllo aos máis pequenos casa”
Ao mesmo tempo nos centros educativos da provincia, preto de 1.500 escolares estanse a formar en sexoloxía grazas ás charlas que se implanten cun proxecto promovido polo Goberno da Deputación
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, deu a coñecer, este martes, unha nova actividade dentro do proxecto promovido polo Goberno da Deputación sobre educación sexual, destinado a centros educativos de todos os concellos da provincia. Neste ocasión, realizarase unha charla gratuíta, que terá lugar este mércores ás 19:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, dirixida a pais e nais de alumnos e alumnas de infantil e primaria para tratar temas sobre sexoloxía. O coloquio estará conducido pola médica especialista, Estefanía Fernández Otero.
López Izquierdo subliñou que “invito a asistir a todos os veciños a esta charla que será impartida por un grupo de médicos e sexólogos co fin de tratar con naturalidade o tema da educación sexual e transmitirllo aos máis pequenos da casa. Esta charla, complementa a formación que os nenos e nenas recibiron ou van a recibir nas vindeiras semanas nos seus centros educativos”.
Nesta liña, a Deputada sinalou que “a través desta actividade tratamos de dar resposta á demanda dos pais e nais que en numerosas ocasións non saber como abordar este tipo de cuestións cos seus fillos, co fin de rachar cos estereotipos e tópicos neste eido que nada teñen que ver coa realidade”.
1.500 alumnos
Paralelamente preto de 1.500 escolares de primaria dos colexios da provincia estanse a formar nas charlas gratuítas impartidas por un grupo de médicos sexólogos, coas que se busca que os rapaces acaden nesta idade unha educación sexual axeitada, e vexan resoltas todas as súas dúbidas ao respecto. O proxecto consta de dúas partes: na primeira, común a todos os centros educativos, exporanse diferentes temas formativos, e na segunda, os rapaces participarán directamente facendo as súas preguntas.
This is a modal window.