Área de Xestión Territorial


O impulso do reequilibrio social e territorial é unha directriz transversal no Goberno, pero tamén obxectivo específico da área de Xestión Territorial, un dos departamentos que conta con máis persoal e orzamento da Deputación de Lugo xa que a rede viaria provincial é a máis extensa de España, ao superar os 4.200 quilómetros de estradas. Esta área inclúe as materias de Vías e Obras, Parque Móbil e Unidade de Proxectos. 


O responsable desta área é o Presidente, José Tomé Roca.