A Deputación traballa para despexar 5 estradas de Cervantes e Pantón cortadas polas incidencias do temporal Elsa

Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, traballan en despexar 5 estradas da súa titularidade nos concellos de Cervantes e Pantón que están cortadas debido á caída de árbores e desprendementos de terra que impiden o tránsito de vehículos, unhas incidencias provocadas polo temporal Elsa.
As estradas afectadas no concello de Cervantes son: LU-P-1402, que conecta Quindós con Vilaquinte; LU-P-1408, que une Fonquente con Noceda; LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; e LU-P-1401, que conecta Degrada con Piornedo.
Pola súa banda, no municipio de Pantón, os operarios da Deputación de Lugo traballan en limpar a vía LU-P-4104, que conecta Pombeiro co encoro dosPeares, debido a un desprendemento de terra que mantén a estrada cortada.
O Presidente sinala que “estes traballos se están desenvolvendo coa maior rapidez e eficiencia posible, co obxectivo de garantir a seguridade dos usuarios e usuarias destas estradas”.