PROMOCIÓN DA PROVINCIA

 

O Servizo de audiovisuais desenvolve un destacado traballo de promoción da provincia desde o punto de vista cultural, turístico e económico. Elaboráronse centos de produtos audiovisuais, entre os que destacan os de colaboración con todos os Concellos da provincia a través da difusión de actividades que organizan ou apoian, como feiras e encontros gastronómicos.

Entre estes últimos, o servizo contribuíu á difusión, por exemplo, das Festas da Faba de Lourenzá, Tortilla de Celeiros de Mariñaos en Barreiros, Torta de Millo de Guitiriz, Empanada de Begonte, Troita da Pontenova, Chícaro de Foz, Castaña do Courel e Queixo do Cebreiro, e a Feira do Bonito de Burela, a Mostra de Aceite de Quiroga, a Feira do Viño de Pantón ou do Augardente de Portomarín.

O Seervizo de Audiovisuais tamén apoiou a difusión de iniciativas que contribúen a coñecer mellor a nosa historia: os Mercados Medievais de Mondoñedo e Alfoz e Renacentista de Viveiro, o Arde Lucus de Lugo, a Festa Normanda de Foz ou o Ribadeo Indiano, son algunhas delas.

Polo que se refire ao apartado etnográfico, de oficios tradicionais e antigüidades. Promocionou encontros como as Queima das Fachas de Taboada e Vilelos do Saviñao, o Oso de Salcedo na Pobra do Brollón, as feiras da Pontenova, Sarria, Castroverde, Riotorto e Xermade, a Tasca do Liño de Vilalba ou Folión de Carros de Chantada.

En cato á promoción económica da provincia, elaboráronse audiovisuais sobre as Noites Abertas de Lugo e Sarria, Moexmu de Cospeito, Agrocuir ou a vendima na Ribeira Sacra.

A TIC tamén prestou un servizo público aos cidadáns coa emisión en directo de todas as sesións plenarias, tanto ordinarias como extraordinarias, que celebrou Corporación Provincial. Deste xeito, todos os lucenses puideron seguir en tempo real os Plenos a través de dispositivos móbiles.