Deputación de Lugo

A fachada do Pazo de San Marcos ilumínase de verde en apoio á AECC no Día Mundial Contra o Cancro

Asociación Española Contra o Cancro
A Deputación ilumínase de verde en apoio á AECC
A Deputación súmase tamén á campaña a través das redes sociais impulsada pola asociación lucense co hashtag #AcuerdoContraelCáncer que dá visibilidade á doenza

A Deputación de Lugo apoia un ano máis á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) no Día Mundial desta doenza iluminando a fachada Pazo de San Marcos de verde, símbolo da loita contra esta enfermidade. Ao mesmo tempo, as redes sociais da institución provincial fixéronse eco do hashtag promovido pola AECC, #AcuerdoContraelCáncer, a través do que se busca dar visibilidade a esta doenza da que anualmente, en España, son diagnosticados máis de 275.000 novos casos.

A institución provincial vén de asinar un convenio de colaboración coa entidade para sufragar con 12.000€ o equipamento e mobiliario dun espazo activo de atención para as persoas enfermas de cancro e as súas familias. Este espazo é pioneiro e permitirá que as persoas interactúen con outras que superaron a enfermidade nun ambiente non hospitalario.