Menu toggle
Cooperación cos Concellos
SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL

 

Por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 14 de maio de 2021, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección do persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da administración local con habilitación de carácter nacional en entidades locais da provincia de Lugo (Secretaría- Intervención, Secretaría categoría de Entrada, e Intervención – Tesouraría categoría de entrada).

Pode consultas as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia do día 22 de maio de 2021 na seguinte ligazón

A presentación de instancias de solicitudes de participación deberán realizarse segundo o indicado nas bases, no artigo 4, presentando a seguinte documentación:

  • Solicitude. Pode descargar o modelo na seguinte ligazón. 
  • A titulación académica oficial esixida.
  • O DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo de nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
  • Documento acreditativo do nivel de galego esixido.
  • Certificado acreditativo dos servizos prestados ou das probas de acceso superadas.
  • Certificado de discapacidade no suposto de solicitar adaptación de probas.
  • O pago da taxa de participación en procedementos selectivos. 

No suposto de pagar taxa reducida deberá achegar as acreditacións da condición de persoa desempregada xunto coa de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva.

A forma de presentación poderá realizarse polas seguintes vías:

  1. Achegando a documentación anterior dentro dun procedemento de presentación de escritos a través da sede electrónica da Deputación de Lugo (o rexistro electrónico). Acceda á sede electrónica
  2. De forma presencial no rexistro xeral da Deputación de Lugo. 
  3. En calquera outro lugar dos sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LISTAXE DEFINITIVA DAS PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS AO PROCESO SELECTIVO; NOMEAMENTO TRIBUNAL CUALIFICADOR; CITACIÓN MEMBROS DO TRIBUNAL; CITACIÓN DE ASPIRANTES

 

INTERVENCIÓN-TESOURARÍA

PLANTILLA DE RESPOSTAS DO EXAME PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAlS DA PROVINCIA DE LUGO (INTERVENCIÓN-TESOURARÍA CATEGORÍA DE ENTRADA).

RESULTADOS DA PROBA TIPO TEST PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAlS DA PROVINCIA DE LUGO (INTERVENCIÓN-TESOURARÍA CATEGORÍA DE ENTRADA).

 RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS

 PUNTACIÓNS PROVISIONAIS

 

SECRETARIA DE ENTRADA

PLANTILLA DE RESPOSTAS DO EXAME PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAlS DA PROVINCIA DE LUGO (SECRETARÍA CATEGORÍA DE ENTRADA).

RESULTADOS DA PROBA TIPO TEST PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAlS DA PROVINCIA DE LUGO (SECRETARÍA CATEGORÍA DE ENTRADA

 PUNTACIÓNS PROVISIONAIS

 

SECRETARÍA-INTERVENCIÓN

PLANTILLA DE RESPOSTAS DO EXAME PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAlS DA PROVINCIA DE LUGO(SECRETARÍA-INTERVENCIÓN).

RESULTADOS DA PROBA TIPO TEST PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAlS DA PROVINCIA DE LUGO(SECRETARÍA-INTERVENCIÓN).

 PUNTACIÓNS PROVISIONAIS

RESOLUCIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE LUGO (SECRETARÍA-INTERVENCIÓN, SECRETARÍA CATEGORÍA DE ENTRADA E INTERVENCIÓN-TESOURERÍA CATEGORÍA DE ENTRADA)

Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva

APROBACIÓN E PUBLICACIÓN DAS BOLSAS PARA SELECCIÓN DE PERSOAL INTERINO PARA O DESEMPEÑO DE POSTOS RESERVADOS A PERSOAL FUNCIONARIO DE HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL EN ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE LUGO (SECRETARÍA-INTERVENCIÓN, SECRETARÍA CATEGORÍA DE ENTRADA E INTERVENCIÓN-TESOURERÍA CATEGORÍA DE ENTRADA)

Anuncio aprobación e publicación das bolsas para selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a funcionarios de habilitación con carácter nacional