Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación destina un novo investimento de 163.000€ para continuar coa mellora da estrada de Monforte a Currelos

Imaxe deputación de lugo
Unha vez realizada esta obra, está estrada provincial, moi utilizada pola veciñanza monfortina e do Saviñao, quedará renovada en oito quilómetros, dende o punto 2,6 ata o 10,4, gracias a un investimento conxunto da institución superior aos 400.000€

A Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno a licitación das obras de rehabilitación dun novo tramo do firme da estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no concello do Saviñao. Estas melloras, que contan cun investimento de máis de 163.000 euros, realizaranse no treito comprendido entre os quilómetros 6,9 ao 10,4.

Unha vez realizada esta obra, a vía quedará mellorada case en oito quilómetros, dende o punto 2,6 ata o 10,4. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou que “a institución provincial leva investidos máis de 400.000 euros na rehabilitación desta vía provincial, que conta cun importante valor social ao tratarse dunha ruta moi utilizada polos veciños e veciñas de Monforte e do Saviñao”. 

Tomé Roca incidiu en que “a rede de estradas provinciais é unha das liñas de actuación prioritarias deste goberno á que se lle adican 16M€ nos Orzamentos de 2021”. “A mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural”, recordou o mandatario provincial.