Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación impulsa un ocio saudable con actividades medioambientais para todos os públicos

Medio Ambiente
Reserva Terras do Miño
Apicultura en Cervantes Reserva da Biosfera
A institución pon en marcha dende a próxima semana cinco actividades gratuítas vinculadas ao entorno natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse e reservar praza para cumprir as actuais restricións sanitarias na páxina web da institución provincial http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais

Esta fin de semana Cervantes acolleu un curso para a loita conta a velutina dentro do programa de actividades que o organismo provincial ten na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

A Deputación de Lugo pon en marcha, a través do Servizo de Medio Ambiente, unha nova programación que inclúe cinco actividades gratuítas para fomentar o ocio saudable nos veciños e veciñas da provincia na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño, un territorio xestionado pola propia institución provincial. Estas propostas levaranse a cabo dende o 31 de maio e rematarán o 9 de xullo e están pensadas para o público en xeral, para adultos ou para nenos de 5 a 12 anos.

As actividades levaranse a cabo no Centro de Interpretación Terras do Miño. A primeira proposta será a Elaboración de Conservas Artesanais e aproveitamento de Recursos, que se levará a cabo do 31 de maio ao 1 de xuño. As vindeiras actividades permitirán buscar rastros, ampliar o coñecemento no cultivo de plantas en testos ou realizar actividades infantís para coñecer o entorno da Reserva da Biosfera Terras do Miño. O programa remata en xullo cunhas Xornadas de Divulgación Científica e Educación para os máis pequenos.

As inscricións xa están abertas. Debido ás actuais restricións sanitarias, o número de prazas por actividade é de 8 persoas e os interesados e interesadas en participar deberán inscribirse na páxina web da institución provincial: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais. As persoas interesadas poden recibir máis información na web da institución provincial, no teléfono 982.305.930 ou no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org


Programa completo

As actividades son as seguintes:

  • Do 31 de maio ao 4 de xuño: Elaboración de Conservas Artesanais e aproveitamento de recursos. Actividade dirixida a adultos en horario de 10.00h a 14.00h.
  • Do 7 ao 11 de xuño: Cultivo de plantas en testos: Elixindo os substratos, aprendendo a regar e fertilizar. Actividade dirixida a adultos en horario de 10.00h a 14.00h.
  • Do 14 ao 18 de xuño: Rastros, pegadas e sinais dos animais que nos rodean. Actividade dirixida a adultos en horario de 10.00h a 14.00h.
  • Do 23 ao 25 e do 28 ao 30 de xuño: Actividades do entorno medioambiental da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Actividade dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos en horario de 10.00h a 14.00h.
  • Do 1 ao 2 e do 5 ao 9 de xullo: Xornadas de divulgación científica e educación. Actividade dirixida a nenos e nenas de 5 a 12 anos en horario de 10.00h a 14.00h.

Outras actividades

Esta fin de semana Cervantes acolleu unha actividade de apicultura no Multiusos de San Román, no concello de Cervantes. Esta proposta, que estivo centrada na loita contra a velutina forma parte do calendario de actividades organizadas pola Deputación de Lugo na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucense, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. Esta semana tamén se celebrará, neste concello, un curso de  Formación Gandeira rexenerativa.