Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Presidente supervisa as melloras na estrada de Remesar, en Bóveda, onde a Deputación inviste máis de 200.000€

Rede provincial de estradas
estradas
Bóveda
Estrada LU-P-0907 Bóveda
Coas obras que están en marcha, por 93.000€, e as que saíron a licitación este mes por máis de 100.500€, quedarán renovados os 6 primeiros quilómetros desta vía da zona sur, dando unha mellor comunicación para a veciñanza que a utiliza a diario

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou as obras de mellora que a institución está a acometer na estrada de Remesar, LU-P-0907, no concello de Bóveda. Cos traballos en marcha, por 93.000€, e os que saíron a licitación este mes por máis de 100.500€, quedarán renovados os primeiros 6 quilómetros desta vía da zona sur cun investimento total superior aos 200.000€.


As actuacións consisten na reapertura de cunetas, en pavimentar con aglomerado en quente e na realización da correspondente sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas entre os puntos quilométricos 0 e 6,07. O primeiro tramo dos traballos que xa se están a acometer -ata o quilómetro 3,2- contan con un investimento de 93.000€ e o seu prazo de execución remata en enero, aínda que é probable as obras estean rematadas nun tempo inferior.


A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. Unhas estradas en boas condicións, subliña Tomé Roca, son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial.