Deputación de Lugo
Medio ambiente

Un taller de conservas inicia o programa de ocio saudable da Deputación de Lugo

Un taller de conservas inicia o programa de ocio saudable da Deputación de Lugo

A Elaboración de Conservas Artesanais e o aproveitamento dos recursos é o tema central da primeira actividade gratuíta que a Deputación de Lugo leva a cabo no entorno natural da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Esta actividade, que rematará o vindeiro venres 4 de xuño, enmárcase no programa de actividades medioambientais da institución provincial para impulsar o ocio saudable entre a veciñanza lucense. As persoas interesadas poderán formarse tamén no Cultivo de plantas ou nos Rastros e pegadas de animais. Os máis pequenos terán dúas quendas centradas no entorno medioambiental e na divulgación científica a finais de xuño e xullo.