Deputación de Lugo

A Deputación colabora con ALUCEM na atención das persoas con esclerose múltiple

ALUCEM
Esclerose Múltiple

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron a mesa informativa e de sensibilización que este luns instalou na Praza de San Marcos a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) para a concienciación con esta enfermidade. A Deputación colabora con esta asociación cunha achega económica de 10.000 euros para facilitar o día a día dos pacientes e das súas familias.