Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación reforza a proxección do Camiño na comarca de Sarria cunha axuda para contratar un guía turístico

Camiño de Santiago
asociación amigos do camiño na comarca de Sarria
turismo
O Presidente asinou un convenio de colaboración coa asociación Amigos do Camiño de Santiago da comarca de Sarria para mellorar a atención aos peregrinos e peregrinas que chegan á localidade

A Deputación de Lugo apoia a proxección do Camiño de Santiago ao seu paso pola comarca de Sarria ao contribuír á contratación dun guía turístico cunha axuda económica. Esta persoa atenderá no local do colectivo Amigos do Camiño de Santiago, tal e como recolle o convenio asinado no Pazo de San Marcos entre o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o presidente desta asociación, Jorge López, que dispón dunha subvención de 3.000 euros para este fin. 

Desta maneira, vese reforzado o papel deste colectivo neste ano Xacobeo ao contratar unha persoa máis que se suma ao traballo que agora mesmo realizan os voluntarios desta asociación. O novo guía terá unha xornada de 3 horas diarias durante os meses de xuño a setembro con dominio de linguas como o inglés, francés, xaponés e o coreano. A atención será, principalmente nas horas centrais do día, momento no que chega a meirande parte dos peregrinos a esta comarca.