Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación recibe 35.000 mascarillas do Goberno central para distribuír aos concellos da provincia

MASCARILLAS
subdelegación do goberno
Cooperación cos Concellos
O Deputado de Promoción Económica e Social participou no acto de entrega do material, destinado a traballadores e traballadoras dos servizos esenciais e entidades sociais dos municipios lucenses de menos de 20.000 habitantes

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na entrega de material sanitario do Goberno de España á Deputación de Lugo para a súa distribución aos concellos da provincia. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entregou á institución provincial 35.000 mascarillas destinadas a traballadores e traballadoras dos servizos esenciais e entidades sociais dos municipios da provincia de Lugo. 

A Deputación farase cargo do operativo de distribución entre os concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes, segundo acordaron o Goberno central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). 

Esta é a oitava campaña de reparto que leva a cabo o Goberno na provincia desde o comezo da pandemia.