A Deputación promociona o turismo e a gastronomía da provincia en Turexpo
![A Deputación promociona o turismo e a gastronomía da provincia en Turexpo A Deputación promociona o turismo e a gastronomía da provincia en Turexpo](/sites/deputacionlugo.org/files/2021-09/050921%20A%20Deputaci%C3%B3n%20promociona%20o%20turismo%20e%20a%20gastronom%C3%ADa%20en%20Turexpo.jpeg)
A Deputación de Lugo estivo presente na décima edición da feira de turismo Turexpo Galicia, en Silleda, cun expositor informativo da provincia. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, visitou o evento e valorou positivamente a presenza da institución provincial nesta cita que “dá visibilidade e promove o turismo e a gastronomía dos 67 concellos lucenses. Con esta cita impulsamos tamén o turismo de proximidade, de calidade e non masificado que vimos defendendo e que permite unha mellor conservación do noso patrimonio”.