Deputación de Lugo

O Presidente asiste ao acto conmemorativo do 40 aniversario da Confederación de Empresarios de Galicia

empresarios

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres ao acto conmemorativo do 40 aniversario da constitución da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), que tivo lugar no Museo da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. 

O Rei Felipe VI presidiu o xantar celebrado con motivo da efeméride, ao acudiron as principais autoridades e representantes empresariais e sociais a nivel autonómico e nacional. Neste encontro fíxose un repaso dos principais fitos acadados nestas catro décadas de existencia da CEG, unha análise da situación económica actual e púxose o foco nas previsión a futuro para o empresariado galego.

O Presidente manifestou o seu desexo de que se afiance o papel da CEG como un axente fundamental no diálogo social e á hora de deseñar liñas de progreso para Galicia, ademais de lembrar o diálogo constante e as vías de colaboración que a Deputación de Lugo ten abertas coa organización empresarial a nivel provincial e con distintas agrupacións sectoriais para traballar conxuntamente polo desenvolvemento social e económico de Lugo.