Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora cos 25º Xogos individuais de Baloncesto organizados por Special Olympics Galicia

inclusión
Special Olympics

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou hoxe nos 25º Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual organizados por Special Olympics Galicia. O representante provincial destacou que esta cita, que reuniu na cidade de Lugo a 72 deportistas de 7 asociacións de toda Galicia, “é un exemplo de inclusión e conecta coa nosa aposta polas políticas sociais. As administracións debemos traballar xunto á sociedade para eliminar barreiras físicas, psicolóxicas e sociais”. Desde a institución provincial colabórase con este evento para concienciar da importancia do deporte como unha práctica vital para fomentar a inclusión a través da visibilización, pero tamén para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.