Deputación de Lugo

A Deputación presenta 23 exemplares da Granxa Gayoso á XCVI Poxa de Gando Vacún de Adai

RECURSOS SOSTIBLES
granxa gayoso castro
ACRUGA
Os Deputados de Recursos Sostibles e de Medio Ambiente asistiron á cita que tivo lugar no recinto feiral da parroquia corguesa, onde se puxeron á venda unha trintena de animais

Os Deputados de Recursos Sostibles e Medio Ambiente, Roberto Fernández Rico e José Luis Raposo, xunto ao presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades, participaron este sábado na XCVI Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo. A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou 23 exemplares de raza autóctona á este certame. 

Esta nova edición da poxa e o concurso de Adai contou cunha trintena de animais: tres xovencas e tres machos de gandeirías particulares, e outras 23 xovencas preñadas do centro de recría da institución provincial, que tiveron un prezo de saída de 1.950 euros e que, de media, chegaron a venderse por uns 2.300 euros.

A Deputación de Lugo mantén unha importante colaboración con ACRUGA, ao que lle destina unha achega total de 1,4 millóns de euros dende 2019 e ata o 2022. Esta colaboración destínase por unha banda, para unha liña de axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico; e por outra banda, a institución provincial mantén unha colaboración directa con ACRUGA para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.