Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo inaugurará o xoves a residencia de Meira

Residencias
Meira
É o cuarto Centro de Atención a Maiores que pon en marcha a institución no que vai de mandato e o sétimo da rede provincial, pois xa están en marcha Pol, Trabada, Ribadeo, Castroverde, Pedrafita e A Fonsagrada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurará o vindeiro xoves o  Centro de Atención a Maiores Santa María de Meira, xunto ao Alcalde da localidade, Antonio de Dios, nun acto no que participarán membros das corporacións provincial e municipal, persoal que atenderá a residencia e persoas que entrarán a vivir nela, ademais de veciños e veciñas.

Este é o cuarto centro de maiores que abre a Deputación no que vai deste mandato, e a sétima da rede provincial, pois xa están en marcha Pol, Trabada, Ribadeo, Castroverde, Pedrafita e A Fonsagrada.

O CAM de Meira contará con 30 prazas de residencia, ampliables a 38 se fose preciso. Seguindo o modelo de xestión establecido entre a Deputación e os concellos, os veciños e veciñas de Meira teñen prioridade de acceso á residencia, logo os dos municipios limítrofes e, seguidamente, os do resto da provincia de Lugo. Do mesmo xeito, o custe da praza adaptarase á capacidade económica de cada persoa maior para que todos poidan acceder á mesma. Está previsto que os primeiros preingresos comecen xa o venres 26.