Cooperación concellos
Deputación de Lugo

O Goberno levará ao Pleno do día 28 a aprobación das bases do Plan Único 2022, que ascende a 21,5M€

plan único
Imaxe deputación de lugo
Por segundo ano, o Executivo provincial saca adiante o programa de investimentos no exercizo anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos

Como novidade e para facilitar a tramitación administrativa, algo moi importante sobre todo para os concellos máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios

A Deputación fai a través do Plan Único unha distribución dos recursos públicos entre os 67 concellos da provincia con criterios públicos e obxectivos, como son a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial

O Goberno da Deputación de Lugo anuncia que elevará ao Pleno ordinario deste mes, que terá lugar o vindeiro martes, 28 de decembro, o debate e aprobación das bases do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022, ao que destina 21,5M€ para desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou medidas fronte á Covid-19. 

Desta forma, por segundo consecutivo o Executivo provincial saca adiante o programa de investimentos no exercizo anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poidan poden aproveitar mellor os fondos.

Como novidade e para facilitar a tramitación administrativa, algo moi importante sobre todo para os concellos máis pequenos, establécese que só deberán enviar a documentación que acredite e xustifique debidamente as actuacións realizadas, eliminando trámites intermedios.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, explica que “este é un avance importante para os concellos, que nos expresaban que en ocasións tiñan dificultades para preparar e enviar a documentación en tempo e forma. Desta maneira, dáselles máis autonomía e só deberán informar á Deputación unha vez rematados os traballos ou feitas as accións ou actividades”. 
 
Así mesmo, o mandatario provincial explica que esta medida “forma parte do noso compromiso de máxima cooperación cos concellos. Cada ano tratamos de incorporar melloras no Plan Único, sempre pensadas para facilitarlles a planificación e a xestión dos investimentos e para que estes fondos sirvan da mellor maneira posible para atender as necesidades dos seus veciños e veciñas. Así se vén facendo nos últimos anos, onde o Plan se adaptou á nova situación sanitaria abrindo unha nova liña para paliar o impacto da Covid-19  co fin de ser unha administración útil e próxima para combater a crise provocada pola pandemia e favorecer a recuperación social e económica”, subliña Tomé Roca.

Apertura do prazo en xaneiro
Ao aprobarse neste mes as bases do Plan Único, o Goberno da Deputación prevé que a principios de xaneiro xa se poida abrir o prazo para que os concellos presenten os proxectos que queren desenvolver cos fondos do Plan Único.

Ademais, ao igual que o pasado ano, as entidades locais poderán imputar os gastos de contratación de persoal dende primeiros de ano, o que lles axudará a aproveitar mellor o Plan Único e que favorecerá a creación de postos de traballo. 

A institución provincial continúa coa liña Covid-19 para apoiar e colaborar cos municipios nas necesidades que teñan derivadas da pandemia. Así mesmo, é unha vía de apoio ó sector servizos como a hostalería, turismo e comercio, actividades que resultan das máis gravemente afectadas polo impacto da pandemia e que son o músculo da actividade económica da provincia. Unha medida que amosa que as políticas da Deputación están pegadas á realidade da provincia e axudan a recuperar e a manterse aos sectores produtivos.

Reparto por criterios obxectivos
O Plan Único 2022 mantén a súa esencia, como é a distribución dos fondos en función de criterios públicos e obxectivos, como son a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística. 

Estes criterios establecen unha contía máxima de 500.000 e mínima de 200.000€, coa que se blinda o financiamento do concellos máis pequenos.

 

Distribución dos fondos por concello
CONCELLOS ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN ÚNICO 2022
ABADÍN 337.055,11 €
ALFOZ 274.196,80 €
ANTAS DE ULLA 274.301,59 €
BALEIRA 277.464,84 €
BARALLA 292.595,56 €
BARREIROS 276.404,18 €
BECERREÁ 303.947,87 €
BEGONTE 296.673,21 €
BÓVEDA 246.877,91 €
BURELA 376.404,19 €
CARBALLEDO 316.550,68 €
CASTRO DE REI 395.470,03 €
CASTROVERDE 304.596,43 €
CERVANTES 329.824,00 €
CERVO 297.362,87 €
CORGO (O) 341.414,11 €
COSPEITO 363.065,05 €
CHANTADA 471.849,81 €
FOLGOSO DO COUREL 269.009,93 €
FONSAGRADA (A) 444.285,24 €
FOZ 429.621,41 €
FRIOL 412.703,31 €
GUITIRIZ 446.479,57 €
GUNTÍN 318.059,51 €
O INCIO (0) 289.486,97 €
LÁNCARA 298.607,89 €
LOURENZÁ 252.721,86 €
LUGO 500.000,00 €
MEIRA 224.743,86 €
MONDOÑEDO 309.135,66 €
MONFORTE DE LEMOS 500.000,00 €
MONTERROSO 307.724,16 €
MURAS 284.064,87 €
NAVIA DE SUARNA 306.506,68 €
NEGUEIRA DE MUÑIZ 194.267,77 €
NOGAIS (AS) 243.368,74 €
OUROL 305.960,67 €
OUTEIRO DE REI 359.001,21 €
PALAS DE REI 378.157,78 €
PANTÓN 330.103,55 €
PARADELA 291.020,42 €
PÁRAMO (O) 245.691,31 €
PASTORIZA (A) 327.219,01 €
PEDRAFITA DO CEBREIRO 254.013,46 €
POBRA DO BROLLÓN (A) 283.495,95 €
POL 268.331,14 €
PONTENOVA (A) 274.668,93 €
PORTOMARÍN 263.989,47 €
QUIROGA 351.988,04 €
RÁBADE 195.887,76 €
RIBADEO 450.612,27 €
RIBAS DE SIL 231.114,70 €
RIBEIRA DE PIQUÍN 231.652,20 €
RIOTORTO 238.089,60 €
SAMOS 282.251,29 €
SARRIA 500.000,00 €
SAVIÑAO (O) 383.959,75 €
SOBER 323.730,24 €
TABOADA 329.800,53 €
TRABADA 253.891,01 €
TRIACASTELA 204.414,27 €
VALADOURO (O) 288.261,69 €
VICEDO (O) 258.502,76 €
VILALBA 500.000,00 €
VIVEIRO 500.000,00 €
XERMADE 308.297,41 €
XOVE 279.051,89 €
TOTAL 21.500.000,00 €