Deputación de Lugo

O Presidente participa no acto de celebración de San Tomé de Aquino no Campus de Lugo

universidade

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, ao acto académico da Universidade de Santiago de Compostela con motivo da conmemoración da festividade de Santo Tomé de Aquino, patrón da Universidade. No acto, celebrado na Aula Magna de Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, tamén participaron o reitor da USC, Antonio López Díaz, e a profesora doutora de Dereito Civil da USC, Paloma Fisac de Ron, que foi a encargada de impartir unha lección maxistral sobre o dereito á información e a liberdade de expresión no Estado de Dereito.

A Deputación de Lugo mantén un histórica liña de colaboración coa Universidade pública a través do Campus de Lugo e do Centro Asociado da UNED para potenciar a súa excelencia académica e, ao mesmo tempo, para afianzar o carácter universitario de Lugo e da súa provincia. Faino dende o convencemento de que un ensino superior público, universal e de calidade é unha ferramenta imprescindible para a igualdade de oportunidades e para un desenvolvemento social e económico sostible e equilibrado.