Deputación de Lugo

O Presidente felicita a Saleta Fernández, Adrián Ben e ao Burela FS polos éxitos deportivos que lograron nesta fin de semana

deportistas individuais
Burela FSF
José Tomé deu os parabéns á atleta monfortina e ao corredor viveirense polas súas medallas de ouro e bronce respectivamente nas probas de salto de altura e 800 metros do campionato nacional disputado en Ourense; e tamén felicitou ás xogadoras do Pescados Rubén Burela pola cuarta Supercopa do seu palmarés conseguida onte fronte ao Atlético Navalcarnero en Xerez

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, felicitou, no seu nome e no da Corporación provincial, á atleta monfortina Saleta Fernández e ao atleta viveirense Adrián Ben por conseguir tan bos resultados no Campionato Nacional que se disputou en Ourense esta fin de semana. Tamén felicitou ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS por conseguir a cuarta Supercopa do seu palmarés. 

Fernández acadou o ouro cun salto de 1,85 metros na proba de salto de altura de pista cuberta, tras o duelo que mantivo coa andaluza Una Stancev, recentemente nomeada campioa de España sub-23. Ben pola súa banda fíxose coa medalla de bronce na final dos 800 metros, unha das probas máis esixentes do Nacional de pista cuberta. O viveirense cruzou a meta cun tempo de 1:49.50, só por detrás do vixente campión Álvai Darriba e do plusmarquista Mariano García. 

As guerreiras laranxas tamén recibiron a felicitación do Presidente da Deputación logo de lograr este domingo impoñerse ao Atlético Navalcarnero en Xerez (2-1) con goles de Peque e Cami. O título é o undécimo consecutivo que conseguen as de Burela desde o 2019.

O Presidente subliñou que “o traballo, esforzo, constancia e talento” que demostran estes deportistas “son un auténtico orgullo para a nosa provincia”, e desexoulles “novos éxitos” nas súas traxectorias.

Recoñecemento Adrián Ben e Saleta Fernández

*Fotos de arquivo