Deputación de Lugo
Economía

A Deputación celebra a organización de Lugo Autoocasión

salón automóbil
automoción

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres na inauguración de Lugo Autoocasión que se celebra esta fin de semana no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A Deputación de Lugo participa nesta cita, que achega ao concello de Lugo a numerosas persoas interesadas polo sector do automóbil e consegue dinamizar a economía da provincia. Rivera Capón defendeu a importancia da celebración de Lugo Autoocasión, que permite un retorno directo e indirecto na cidade e na contorna, repercutindo non só na compra de vehículos nalgún dos 20 concesionarios lucenses que participan, senón tamén na hostalería ou no comercio.