Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo participa na Semana Santa de Viveiro

Semana Santa de Viveiro

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves nos actos da Semana Santa de Viveiro, que conmemorou a Última Cea nunha procesión. A institución provincial colabora coa Semana Santa do concello mariñano, recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional, cunha achega de 25.000€ para impulsala como un reclamo turístico para a provincia. O paso da Última Cea foi creado hai máis de 200 anos por un artesán, Juan Sarmiento, e tomou a mariñeiros de San Cibrao como modelos para as figuras dos Apóstolos.