Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente apoia a iniciativa social solidaria para recadar fondos en favor dos nenos e nenas de Ucraína

Ucraína
Federación de Asociacións de Veciños

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou o expositor instalado na Praza de San Marcos para a recadación de fondos en apoio aos nenos e nenas de Ucraína. Trátase dunha iniciativa solidaria, baixo o paraugas de UNICEF e impulsada pola Confederación de Empresarios de Lugo e a Federación de Asociacións de Veciños da provincia e coa colaboración da institución provincial e do Concello lucense, que pon á venda 3.000 camisetas.

Na visita, Tomé Roca, estivo acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. A Deputación respondeu dende o primeiro momento ante os efectos da invasión de Ucraína polas tropas rusas, aprobando unha axuda económica directa de 10.000€ e tamén unha achega de material en bens de primeira necesidade por valor de 18.000€, a través da Cruz Vermella.