Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro acompañou ao Pescados Rubén Burela FS na súa vitoria da Copa da Raíña

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
PESCADOS RUBÉN BURELA FS
Copa da Raíña

O deputado de Deportes Efrén Castro felicitou ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS, que este domingo se proclamou campión da Copa da Raíña en Ourense.

O equipo laranxa levantou o trofeo por quinta vez na súa historia, tras vencer ao Futsi Navalcarnero. O responsable provincial, que asistiu á final, valorou o novo éxito do cadro mariñao. "O Pescados Rubén Burela segue a demostrar tempada tras tempada que é unha referencia do deporte feminino galego, cunha traxectoria que é motivo de orgullo para todos os lucenses".