Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación contribúe a visibilizar a fibromialxia e a fatiga crónica no Día Mundial desta enfermidade

fibromialxia

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, achegáronse este xoves á mesa informativa e de cuestación que instalou na entrada do Pazo de San Marcos a Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI).  

A institución provincial súmase a este iniciativa de visibilización desta doenza coincidindo co Día Mundial da Fibromialxia e Fatiga Crónica, unha doenza que afecta de xeito maioritario ás mulleres xa que o 95% das persoas que a padecen son mulleres. A Deputación colabora con esta entidade cunha achega de 3.000€ que se destina á organización de actividades que ALUFI realiza ao longo de todo o ano: obradoiros de memoria e relaxación, manualidades, terapia bascular, ximnasia de recuperación ou xornadas e charlas informativas dirixidas a persoas afectadas por esta enfermidade.