Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo apoia a campaña de recadación de fondos da Asociación Española Contra o Cancro

cancro
Asociación Española Contra o Cancro

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron este xoves a mesa informativa e de cuestación que instalou na Praza de San Marcos a Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

O obxectivo desta iniciativa enmárcase nunha campaña dirixida á sensibilizar e a recadar fondos para apoiar aos doentes e ás súas familias e a investigación desta enfermidade. A Deputación colabora coa AECC de Lugo cunha achega económica de 8.000 euros ao ano e tamén financiou o equipamento do novo local da asociación na capital lucense cun importe de 12.000 euros.