A Deputación de Lugo, anfitrioa entre hoxe e mañá do III Seminario de Intercambio de Experiencias turísticas do Eixo Atlántico
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2022-05/260522%20Recepci%C3%B3n%20participantes%20SIE.jpg)
A programación continuará mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos coas mesas redondas Turismo de autor e de fronteira e O Turismo de sempre dunha forma distinta
A Deputación de Lugo será a entidade anfitrioa do III Seminario de Intercambio de Experiencias Turísticas, un encontro promovido polo Eixo Atlántico que se celebrará entre hoxe e mañá para favorecer o impulso deste sector en Galicia e no norte de Portugal.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, deulle a benvida este xoves na Praza de San Marcos aos 60 participantes no encontro, que logo coñeceron o Mazo de Santa Comba e o Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño e o centro histórico da cidade. A programación continuará mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos coas mesas redondas Turismo de autor e de fronteira e O Turismo de sempre dunha forma distinta.
García Porto destacou a importancia de acoller esta iniciativa que “permitirá impulsar un sector tan importante para a economía e o emprego como é o turismo, sobre todo desde un modelo de calidade e sostible, que deixa valor no territorio”.