Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente da Deputación participa na XXII Mostra do Aceite de Quiroga

Quiroga

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participaron este domingo na XXII Mostra do Aceite de Quiroga. A cita celebrouse no Muiño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas.

José Tomé salientou a calidade e singularidade do aceite que se produce no municipio, e puxo en valor o traballo das persoas que se dedican ao aceite. “É indiscutible que se trata dun produto excelente que cada vez ten un maior recoñecemento entre os consumidores que reclaman alta calidade e xeitos de produción sostibles e respectuosos co medio ambiente”.

A Deputación de Lugo colabora este ano co Concello de Quiroga con máis de 350.000€ a través do Plan Único 2022, que inclúe diferentes liñas de actuación como a mellora de infraestruturas, a creación de emprego e o Servizo de Axuda no Fogar.