Deputación de Lugo
Formación

A Deputación felicita aos novos graduados en Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra

Campus Terra
USC

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres no acto de graduación dos alumnos e alumnas da décima promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE) do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Un acto celebrado na Aula Magna desta facultade. 

O Deputado felicitou ao estudantado e ás súas familias por rematar con éxito esta formación. “Esta é unha promoción que tivo que facer fronte a un exercicio práctico de xestión de crise sen precedentes, na medida en que afrontou dous anos de pandemia onde foi necesario adaptar o modelo educativo ás limitacións que impuxeron as medidas sanitarias”, indicou. 

Rivera Capón reivindicou a calidade do ensino público, como o que ofrece o Campus de Lugo, co que, salientou, a Deputación mantén unha ampla colaboración para manter e ampliar a actividade docente. O Deputado lembrou que a lucense é a institución provincial de España que máis dedica á formación universitaria.